Pasar al contenido principal

A empresa galega CQe-Solutions, liderada polo enxeñeiro en informática Diego Cid, gaña a distinción 'Empresa éTICa' nos Premios Nacionales de Ingeniería Informática

Diego Cid

A empresa galega CQe-Solutions consegue o recoñecemento 'Empresa éTICa' nos Premios Nacionales de Ingeniería Informática, convocados polo Consejo General de Ingeniería Informática de España (CCII).

A empresa está liderada por Diego Cid Merino (Ourense, 1980), enxeñeiro en informática pola Universidade de Vigo (UVigo no Campus de Ourense). Encárgase de desarrollar aplicacións que permiten a cidadanía aproveitar, de maneira dixital, os documentos de identidade desde os dispositivos móbiles. De este modo, permite aos usuarios realizar distintos trámites coas administración públicas, como a identificación ou a sinatura de documentos.

Entre os seus proxectos, destaca a súa participación no desenvolvemento dos demostradores de acreditación de idade para Android e iOS xunto a Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) e o desenvolvemento dun compoñente para sistemas operativos iOS que permite o uso dos certificados incluídos no DNIe para autenticación e sinatura.

Segundo o CCII, CQe-Solutions recibe esta distinción, debido ao gran coidado que pon no tratamento de datos persoais moi sensibles e no seu esmero por protexelos de calquera tipo de subtracción ou mala aplicación. CQe-Solutions está adherida ao selo de ‘Empresa éTICa’ do CCII.